‘Os 19 de Meirás’ cualifican o arquivo da causa coma “vitoria do pobo galego”

Redacción

O colectivo de activistas coñecidos como os 19 de Meirás cualifican de “vitoria do pobo galego” o arquivo definitivo que decretou a Audiencia Provincial da Coruña da denuncia presentada pola familia do ditador e da Fundación Francisco Franco contra as 19 persoas que en 2017 ocuparon simbolicamente o pazo de Meirás para reclamar a súa devolución ao patrimonio público.

Os 19 de Meirás amosan o seu “orgullo” pola acción que fixeron en 2017, “sen dúbida fundamental para que se avanzase na recuperación” do pazo para o pobo galego. Engadiron que “os Franco perderon a batalla social, a legal, e agora, por fin, tamén a xudicial”. Agradeceron “todos os apoios recibidos”, nestes 5 anos.