O BNG da Laracha renova o primeiro tramo da candidatura

Castiñeiras cos cinco integrantes do primeiro tramo da lista.

Castiñeiras cos cinco integrantes do primeiro tramo da lista. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O BNG da Laracha presentou o primeiro tramo da candidatura coa que concurrirá ás próximas eleccións. A lista, liderada por primeira vez por Carolina Castiñeiras, renova tamén os postos tres, catro e cinco.

A actual voceira do grupo municipal estará acompañada polo coordinador da Mesa pola Normalización Lingüística, Xosé María Cotelo; David Bermúdez Lamas, dj e responsable de Galiza Nova ; Fanny Pombo, administrativa nunha empresa do sector industrial; Maribel Fraga Cotelo, traballadora do sector sociosanitario e José Ramón Mallo, un labrego de Coiro.

Castiñeiras agradeceu a “xenerosidade” dos seus compañeiros e o seu “compromiso” co “necesario cambio de rumbo do Concello da Laracha”.