Oleiros abre o 20 de marzo o prazo para a viaxe a Santiago para ver teatro

REDACCIÓN

O Concello de Oleiros organiza unha saída a Santiago para ver a función de teatro Os actos e as profecías, o vindeiro 19 de abril, convidados polo Centro Dramático Galego. O plazo de inscripción abrirá o próximo mércores 20 de marzo ás dez de mañá a través da sede electrónica ou presencialmente en A Fábrica de luns a venres de dez a dúas da tarde.

Haberá un autobús gratuito que sairá de Santa Cristina ás catro da tarde, con regreso a última hora. A actividade está dirixida a adultos, preferentemente empadroados. As plazas son limitadas. Os actos e as profecías é a producción central deste aniversario do Centro Dramático Galego, con dirección artística de Tamara Canosa.