Os ‘Rostros da Memoria’ contra Franco de Xurxo Lobato

Os ‘Rostros da Memoria’ contra Franco de Xurxo Lobato | L.O.

Os ‘Rostros da Memoria’ contra Franco de Xurxo Lobato | L.O.

Rostros da memoria. Ferrol 1972 é o título do proxecto fotográfico e artístico que acaba de publicar o coñecido fotógrafo Xurxo Lobato e que presentou na Fábrica. Lobato, con este libro que mostra trinta fotografías en blanco e negro, retrata a persoas (todas as que se puideron localizar) que foron vítimas da represión franquista polas loitas obreiras en Ferrol. Este traballo, que edita a asociación Fuco Buxán, completa o que Lobato fixo en 2008 enfocado nas vítimas do franquismo en Galicia. O autor sinalou que a democracia ten unha débeda histórica con estes loitadores.