Oleiros festexará o sábado 11 de maio a Festa da Lingua con cancións, xogos e teatro

Celebraráse en As Torres de Santa Cruz en mañá e tarde, e dirixida ao público familiar

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organiza para o sábado 11 de maio a Festa da Lingua. Será nas Torres de Santa Cruz a partir das 12.30 horas cun programa que inclúe teatro, xogos e concertos para as familias do programa Apego de fomento do galego e con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas. Todas as actividades están dirixidas a familias con crianzas de ata seis anos. As inscripcións abriron onte a través da páxina web municipal, con preferencia os primeiros días para as familias inscritas no programa Apego.

A esa hora, 12.30, comezará o concerto Rockeando coas que máis molan, de Pakolas. Será unha actuación de recompilación de cancións de varios discos do autor. Ás 16.30 horas comezarán os Xogos do Paporrubio, un conxunto de xogos animados de temática agraria cos que se dan a coñecer os paxaros máis pequenos e cantareiros. Esta actividade está recomendada para maiores de dous anos. Para as familias con nenos e nenas de ata tres anos de idade haberá un contacontos no Teatro As Torres con Ángeles Goas: Carapuchiña vermella e os cinco lobiños. É un espectáculo de narración oral e música onde Carapuchiña vivirá unha aventura diferente.

Ás 18.30 horas haberá concerto de Paco Nogueiras que presentará o seu novo disco, Son Animal. Tamén é un espsectáculo dedicado aos animais máis próximos e os seus sons, convertidos en cancións.