O equipo de Economía Pesqueira da Universidade de Santiago de Compostela (USC) creou unha liña de investigación sobre o furtivismo e os seus efectos en Galicia. Da man de Hugo M. Ballesteros, María do Carme García-Negro y Gonzalo Rodríguez, o estudo céntrase agora en tratar aclarar os motivos e consecuencias que ten esta nociva práctica para o sector pesqueiro gallego. "Todo o mundo asume que é algo malo, pero ninguén estudou o caso en profundidade", explica o doutor en Economía e Empresa Hugo Ballesteros, que centrou a súa tese nesta realidade que se dá na comunidade gallega. Recentemente publicaron un informe "nunha das mellores revistas de investigación mariña", a Marine Policy, no que establecen os motivos que hay trala "aceptación do furtivismo na pesca artesanal", que resumen en que existe "unha relación entre formar parte dunha comunidade e que esta práctica sea aceptable".

Os estudos preliminares comezaron xa en 2012. Un "proceso lento" que comezou a ver os seus froitos a partires das publicacións realizadas entre o ano pasado e este. De feito, desenvolveron máis de 200 entrevistas en toda Galicia cos implicados na pesca artesanal e que, principalmente, sofren o furtivismo: as mariscadoras. "Fixemos un traballo moi grande", explica Ballesteros. O resultado? "Existe unha aceptación do furtivismo, alomenos dunha parte", resume este experto.

Os investigadores centráronse na principal zona de marisqueo galega, Noia (donde fixeron 95 entrevistas entre febreiro e abril do ano pasado), para tentar identificar que tipo de furtivismo "é aceptable" e "en que grado", meténdose de cheo a "avaliar a tolerancia cara a actividade furtiva" por primera vez. Así, estableceron que o concepto de comunidade "é o que sustenta a aceptación" deste tipo de actos, que adoita ser ben visto se é para "autoconsumo" (reducido ás propias mariscadoras) ou en casos de "necesidade" (habitualmente persoas desempregadas ou con problemas). Ámbalas situacións dependen de que estes furtivos sexan recoñecidos polas mariscadoras como membros da súa comunidade, da súa contorna. Isto implica que son as mariscadoras as que identifican quen é o furtivo, interpretando que o leva a actuar dese xeito e, por tanto, aceptándoo o perseguíndoo. Nembargantes, os investigadores entenden que iso non debería ser unha tarefa das mariscadoras. Para Ballesteros esta "aceptación" mostra a necesidade de "políticas sociais" que promocionen o emprego ou que reduzan a desigualdade. A intención de Ballesteros é seguir a estudar as consecuencias do furtivismo na comunidade gallega. Agora busca centrar o traballo no aspecto económico, xa que move millóns de euros cada exercicio.