01 de marzo de 2019
01.03.2019

Cepesca crea a primeira rede de traballo nacional de investigación pesqueira

01.03.2019 | 00:39

A patronal pesqueira española, Cepesca, lanzou o proxecto PesConect a través do cal se porá en marcha a primeira rede de traballo nacional de investigación pesqueira. Con esta iniciativa búscase xerar, compartir e analizar a información ambiental, científica e socioeconómica do medio mariño e que permita tamén transferir coñecemento sobre I+D+i aplicada á pesca sustentable.

O proxecto, no que participa o Instituto Español de Oceanografía (IEO) como socio, estrutúrase en dúas grandes liñas de traballo: por unha banda a realización de catro seminarios científico-técnicos dirixidos ao sector pesqueiro, á Administración e á comunidade científica, que se desenvolverán en Madrid e diferentes zonas costeiras. Outro dos obxectivos persegiudos é desenvolver un proxecto piloto para a mellora da sistemática de recollida de datos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook