A porta aberta chega hoxe ó seu capítulo 39 (TVG2, 21.15 horas) para dar a coñecer o traballo da Asociación Ramalladas, que se adica a xestionar intervencións terapéuticas asistidas con cans. Para elo, o programa elaborado por Producións Celta para a canle autonómica, conta como invitados con Juan Freire (presidente da asociación), Ana Martínez (bióloga especializada en intervencións con cans en persoas maiores e con demencia), Ana Pereira (mestra e psicopedagoga especializada en intervencións en persoas con TEA) e Juanjo López (director da residencia da terceira idade de Campolongo).

Os espectadores coñecerán a capacidade de empatía dos cans coas persoas que axudan, persoas en situación de dependencia, con diversidade funcional ou con necesidades especiais que, mediante a interaccion con estes animais ven mellorar a súa calidade de vida. Os cans e cadelas non deixan de sorprender aos humanos, pero sen a guía dos profesionais da asociación Ramalladas o seu labor non sería posible. Os logros son froito dun traballo de equipo no que proporciona grandes avances na vida das persoas.

Ademáis de A porta aberta, a TVG 2 emite esta tarde, ás 17.25 horas, un novo capítulo de Grazas á vida” que se achega ata a mariña lucense para coñecer e afondar na historia vital de Carlos Peinó, mestre, e Fina Yáñez, muller de orixe labrega pero que traballou no Hospital da Costa dende a súa apertura. Realizado tamén por Producións Celta, no programa Fina Yáñez contará a súa vida coa visita a lugares como a casa familiar no concello de Alfoz, o centro hospitalario de Burela onde traballou e as súas clases de pintura. Pola súa banda, Carlos Peinó recorre o CEIP Plurilingüe Vista Alegre onde traballou, o bar Boas Migas e a cafetería Ópera, onde xoga a partida.