Yo fui candidato

Ricardo Vales: De 1979 a 2023, pasando por 2019

Ricardo Vales, á esquerda, nun acto electoral do BNG nas pasadas eleccións municipais. |   // VÍCTOR ECHAVE

Ricardo Vales, á esquerda, nun acto electoral do BNG nas pasadas eleccións municipais. | // VÍCTOR ECHAVE / Ricardo Vales

Ricardo Vales

Para os que cargamos na mochila cun bo número de campañas eleitorais, tanto dende a intendencia organizativa como desde as propias candidaturas, a experiencia resulta a un tempo nostálxico, rico en emocións, mais tamén esperanzador. Por elo, o exercicio de retrotraernos a aquelas etapas que nos ofrece LA OPINIÓN permite, cando menos, medir con maior perspectiva a magnitude das vivencias particulares de cada un. Miña historia resultou moi útil porque o contacto máis directo con xente que non coñecía serviume para comprender o modo de vida e de pensar de personas anónimas que son as auténticas protagonistas de calquera contenda eleitoral.

Lembro con nostalxia as eleccións democráticas de 1979, as primeiras dende 1936. Eu militaba no Partido Obreiro Galego, integrante de Unidade Galega, en plena etapa da transición política, na que tíñamos por diante un forte compromiso coa democracia como sistema político no horizonte de acadar un concello democrático porque o franquismo convertera aos cidadáns en súbditos, sen dereitos, mais si con obligacións. Combinábanse os esforzos dunha militancia entregada coa do núcleo atrapado nos mítines e debates diarios movilizando o interés da veciñanza pola política, facendoos partícipes dos problemas e as recetas para solventalos. Un novo tempo histórico comenzaba a abrirse. O 19 de abril de 1979, o nacionalista Domingos Merino inauguraba esa nova etapa democrática. Moitas daquelas mulleres e homes abandoaron a política para non volver, outros foron sumándose á medida que a crise económica e o empobrecemento moral que amenaza a convivencia plural iban en aumento. A todas elas, o meu agradecemento porque cumpriron con creces unha pesada misión histórica.

Nas eleccións de 2019, formei parte da candidatura do BNG coa esperanza de seguir avanzando na transformación da cidade pola vía de acadar maiorías sociais que permitiran vencer as fortes resistencias que dende diversos ángulos da cidade seguen a opoñerse a que o propio Concello cumpra moitas das funcións que ten asignadas. Unha historia común, de xente corrente, traballando día a día e tocando sempre os temas que conforman as preocupacións da veciñanza relacionadas co seu benestar e dignidade fronte á insolidaridade e a desidia. Hoxe, 44 anos despois daquelas primeiras eleccións democráticas, confío en que o momento sirva para recuperar a esperanza a aqueles que a haxan perdido da man do BNG e do seu candidato Francisco Jorquera que representa como poucos o esforzo para trasladar a realidade da cidade sen someterse nunca aos ditados do oportunismo.

Ricardo Vales foi candidato con Esquerda Galega, unha vez desaparecida Unidade Galega, e, nas anteriores eleccións municipais, do BNG