O Consello da Cultura suma vontades na celebración do seu corenta aniversario

A presidenta do organismo pide elevar o gasto público no sector ao 1,5%, dende o actual 0,65%

Rueda: “A moi potente presencia institucional neste acto explica respecto”

Alfonso Rueda, Rosario Álvarez e Miguel Ángel Santalices, durante o acto do CCG. |   // JESÚS PRIETO

Alfonso Rueda, Rosario Álvarez e Miguel Ángel Santalices, durante o acto do CCG. | // JESÚS PRIETO / Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

“A presencia institucional neste acto é moi potente e iso explica respecto e consideración”. Desa maneira tan gráfica abriu este venres o seu discurso o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto do corenta aniversario do órgano estatutario do Consello da Cultura Galega (CCG), durante un encontro celebrado na sede desta institución en Santiago.

Rueda salientou o papel do CCG no presente e o pasado, continuando unha traxectoria que arrincou no 1983 baixo a presidencia da Xunta de Gerardo Fernández Albor. A cita que tamén reuniu o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e o arcebispo compostelán monseñor Francisco José Prieto, entre outras personalidades da área política e sociocultural.

“A cultura é un alicerce fundamental da Galicia no futuro, onte e hoxe”, asegurou Rueda no seu discurso. E rememorou que o Consello da Cultura Galega naceu “como unha das primeiras decisións do Goberno de Galicia”, aderezando as súas palabras con datos para avalar a súa percepción “de que ningún tempo pasado foi mellor para a cultura galega”, xa que indicou que a Galicia de 1983 tiña seis bibliotecas por cada 100.000 habitantes “e hoxe ten trece”.

“A cultura fixo a Galicia e Galicia fixo a cultura e este Consello ten esa máxima... Leva 40 anos cumprindo moi axeitadamente este traballo”, engadiu. E apuntou que a Xunta conta neste 2023 co Plan Xeración Cultura, ao que destina 34 millóns de euros para apoiar a creación por medio de 57 accións e seis novos plans sectoriais e que este mesmo verán hai programadas mais de 2.500 actividades a través da marca CulturON, que mobilizará case catro millóns de euros. Ao cerrar a súa alocución, Rueda confesou tomar nota dos “recados”, deixados pola presidenta do CCG, Rosario Álvarez, quen mencionou neste encontro institucional a necesidad de que a andamiaxe sociocultural sume “un museo das migracións galegas”.

Entre outras melloras, Álvarez pediu á Xunta incrementar o gasto público consolidado en cultura ata o 1,5%, xa que actualmente se sitúa no 0,65%, e aportou reveladoras cifras sobre a valía da cultura no tecido socioeconómico de Galicia, “xa que supón hoxe o 3,3% da forza laboral, e o 2,2% do PIB galego, máis que sectores tan importantes como a madeira, a pesca ou a fabricación de vehículos e compoñentes”.

Para el presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalice, “hoxe o Consello da Cultura é unha vizosa realidade”. Referiuse así ao traballo coral ao longo dos anos realizado polo equipo do CCG “que merece o recoñecemento de toda a sociedade galega”, ao tempo que fixo un chamamento á responsabilidad individual da cidadanía para apoiar ese labor: “Consumir cultura cada día nas súas diversas manifestacións tamén é un bo xeito de axudar e de ter compromiso”.

Esforzo

Santalices mencionu tamén a continuidade do esforzo no Consello da Cultura, dende o labor da súa actual presidenta, Rosario Álvarez, e o seu equipo, á de quien a precederon no cargo durante catro décadas de camiño, dende Ramón Piñeiro (1983-1990), Xosé Filgueira Valverde (1990-1996), Carlos Casares (1996-2002), Alfonso Zulueta de Haz (2002-2006) a Ramón Villares 2006-2018), todas personalidades loubadas de forma común ao longo deste acto institucional.

A celebración do corenta aniversario do CCG conta cunha programación —definida por una comisión formada por Ramón Villares, Xosé Manoel Núñez Seixas, Dolores Vilavedra, María Xosé Porteiro, Marcelino Fernández e Rosa Aneiros— que está centrada en tres eixos. O primeiro busca facer un repaso pola historia da institución a través das actividades, figuras ou momentos máis salientables. Outro pretende tecer unha reflexión sobre a institucionalización da autonomía gallega, o papel da cultura e da xestión da mesma dentro desa evolución, mentres que terceiro aborda o futuro.

Suscríbete para seguir leyendo