Cristina Vázquez Premio Ada Byron pola aplicación da tecnoloxía á xestión de residuos

Adriana Quesada

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concedeulle o Premio Ada Byron á enxeñeira informática Cristina Vázquez polo seu liderado ao fronte de Teimas, empresa punteira galega na aplicación da tecnoloxía á xestión de residuos, co seu correspondente impacto na sustentabilidade, concienciación medioambiental e explotación de coñecementos de Galicia cara o mundo. Recollerá a distinción na XVI Noite da Enxeñaría Informática en Galicia que se celebrará en Santiago o vindeiro día 21 de xuño.

Cristina Vázquez Muiño (Santa Comba, 1986) é socia da empresa Teimas e CEO da compañía dende febreiro de 2024. Segundo asegurou a El Correo, del mismo grupo que LA OPINIÓN: “O premio foi unha sorpresa. Estou contenta e orgullosa, pero hai moitas persoas que o merecen, aínda que son consciente de que hai poucas mozas nesta profesión”.