Anxo Angueira ingresa na RAG: “A ‘Alborada’ de Rosalía ten un fondo político e feminista indiscutible”
Os versos de Rosalía de Castro tallados na pedra estatua da autora situada no Espolón de Padrón foron as primeiras liñas que Anxo Angueira Viturro (Dodro, 1961) leu na súa lingua materna. Descubriunos aos dez anos, cando chegou á vila para estudar a EXB na escola de Santiso, procedente da unitaria de Chenlo, en Laíño. “Aínda é aquela unha poderosa pedra sensitiva e faladora”, evocou este mediodía o escritor no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG). O novo académico centrou a súa intervención na poética da luz na obra da autora fundacional das letras galegas contemporáneas, un elemento que en Rosalía funciona como símbolo tanto da dimensión social coma existencial da súa obra, salientou.
O profesor da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro escolleu o auditorio municipal de Padrón como escenario para a cerimonia. Dedicou o seu discurso á poética da luz en Rosalía de Castro, un elemento que “acabou por converterse nun signo moi persoal e ó mesmo tempo moi significativo, mesmo senlleiro, a respecto de todo o conxunto da súa obra”. O académico percorreu a produción literaria rosaliana, deténdose especialmente nos Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880). É en Cantares Gallegos onde atopamos Alborada: “A luz da mañá, a luz do primeiro albor non esperta os mozos que pasaron xuntos a noite. Xa non é a luz dun novo día, é a luz dun novo tempo, no que cómpre espertar e mais erguerse con esperanza e alegría. O discurso aparentemente inocuo asociado ó lirismo de paxaros e mociñas ten un fondo político e feminista indiscutible”.
- El Deportivo se da cuatro años para volver a Primera y aumenta en más de un millón su límite salarial
- Una joven cubana que ahora reside en Carballo tiene clara cual es su ciudad favorita de Galicia: 'El lugar donde me gustaría vivir
- Un irlandés deportivista de Belfast busca a su pandilla de A Coruña en los 70
- Ana Mena y Óscar Casas, pillados de escapada romántica en Santiago
- Jorge Fernández reconoce al fin por qué vive en esta lejana ciudad pese a grabar 'La Ruleta de la Suerte' en Madrid
- Los decomisos de crustáceos se cuadruplican: en A Coruña hay una nueva generación de furtivos jóvenes y «más profesionales»
- Cuatro detenidos, un identificado y cuatro policías con heridas leves tras un altercado en un pub de Matogrande
- El curioso vídeo que muestra el estado ruinoso del cine Avenida de A Coruña antes de su reforma