Pilar García Negro, Nova Escola Galega e o IES Rafael Dieste, premios Rosalía de Lingua

O instituto coruñés recibe o galardón polas súas iniciativas de dinamización

Xa se coñecen os gañadores do XV Premio Rosalía de Castro de Lingua, que convoca a Deputación da Coruña. Son a escritora, sociolingüista, política e profesora Pilar García Negro, na categoría A, para persoas; o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, na categoría B, para entidades, e o proxecto Aquí tamén se fala, promovido polo IES Rafael Dieste coruñés, na categoría C, as das iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade.

O xurado, presidido pola deputada de Lingua, Soledad Agra, formárono Daniel Romero, Borja González —representante da comunidade en redes en lingua galego Orgullo Galego— e Francisco Cedeira, Pakolas, gañadores da pasada edición do certame nas categorías A, B e C, respectivamente. Como secretaria actuou Dores Sánchez Alegre, técnica de normalización lingüística da Deputación coruñesa.