Marilar Aleixandre ingresará mañá como membro numerario na Real Academia Galega (RAG) nun acto público que terá lugar ás 12.00 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago (USC), institución na que é catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais. Será a sexta muller e a segunda persoa con formación científica, neste caso en Bioloxía, que ocupe unha cadeira da RAG. Aleixandre, que se sentará na vacante do finado Xosé Neira Vilas, lerá o discurso Voces termando da paisaxe galega, no que combina as súa dúas facetas: a científica máis a literaria.

-De que falará en Voces termando da paisaxe galega?

-Para min hay algunhas palabras en galego que creo que son moi bonitas e moi especiais? Unha é termar, unha palabra intraducible porque ten un significado de parte física, de aguantar, soster, pero tamén emocional de coidar, ter conta de algo e entón esa é a idea que temos que termar a paisaxe galega, que é moi fermosa e especial, pero ten uns riscos. Por iso esas voces chaman por nós para dicirnos que temos que termar a paixaxe. O que pretendo é combinar as dúas voces que teño eu: a parte científica de falar da natureza e tamén a parte literaria. Por unha banda, hai unha referencia a aspectos físicos que hai que ter en conta, por exemplo, as rochas. Pero tamén ten o seu corazonciño. A xente tende a pensar que van a estar ahí sempre por moito maltrato que sufran, pero en Galicia estamos destrozando os montes de Valdeorras polas canteiras a ceo aberto de louxa e pouca xente sabe que nestas extracións só se aproveita un 4%. Visitar Valdeorras da arrepío. Falo tamén da voz amordazada da auga porque tamén a situación de alguns ríos. O canón do Sil está ameazado pola A-76. Si se construen os viaductos previstos -creo que son 64- podemos despedirnos de que sexa declarado Patrimonio da Humanidade.

-Fala do corazonciño das rochas, pero o seu e máis científico ou literario?

-É como iso de a quen queres máis, a papá ou a mamá. Non podo dicir porque si digo un o outro enfádase. Son dúas voces que a veces colaboran, pero realmente rifan entre sí e incluso ameazan con desgranarme.

-Que espera aportar na Real Academia Galega?

-Espero aportar unha perspectiva feminista. Na RAG somos poucas mulleres, conmigo seis, e dentro de dous meses, co ingreso de Chus Pato, seremos sete, pero de 30 membros, sete é pouquísimo. E é importante que haxa mulleres, e mulleres cunha perspectiva feminista, que se considere todo o que aportan as mulleres a todo, e que se teña máis en conta o que aportamos na literatura e lingua galegas. As mulleres ás que se dedicou o Días das Letras Galegas pódense contar cos dedos dunha man. Tamén me gustaría traballar no sentido de que as ciencias tamén son parte da cultura galega. Ocupar a cadeira de Neira Vilas é unha responsabilidade moi grande e espero estar á la altura.

-Que visión cree que ten a xente sobre institucións como a RAG?

-Precisamente, unha das cousas que a min me gustaría, aínda que non sei se é fácil, é achegar a Academia á xente, que a xente vexa que ten unha utilidade, porque é una institución pública, financiada con cartos públicos e por tanto ten que responder á sociedade. Un pequeniño exemplo diso é o diccionario online, unha ferramenta impresionante para escribir en galego.