O Concello abrirá o próximo 18 de maio o prazo de inscrición para a segunda convocatoria do programa Acoreuropa IV, que permite que estudantes de ciclos medios de Formación Profesional (FP) da cidade poidan realizar prácticas laborais durante tres meses en empresas de Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. A Concellería de Xustiza Social e Coidados oferta 20 plazas a través do Servizo Municipal de Educación. O programa está dirixido a titulados en ciclos medios de FP e desenvolverase até xuño de 2017 en dúas convocatorias. Na actualidade, 30 alumnos que remataron os seus estudos de ciclo medio en xuño ou decembro de 2015 están xa de estadías por Europa. A previsión é que regresen entre os días 28 e 29 de xuño.