Ás mestras, enfermeiras e farmacéuticas na praza Elvira Bao. Ás comerciantas e mulleres que rexentaban negocios na rúa da Gaiteira. Ás lavandeiras e mulleres de servizo en Río Monelos. Ás mulleres do muro na Palloza e ás cigarreiras en Tabacos. Un roteiro lembrou a todas as mulleres que teceron a cidade tras a inauguración das prazas Elvira Bao e Oito de Marzo, rematando nunha festa con música e teatro pola igualdade canda a nova sede xudicial, onde tamén se montou un mercadiño de artesanía. Foron os actos principais da mañá deste Día da Muller, que rematou coa concentración da Marcha Internacional das Mulleres que reuniu a ducias de personas pola noite no Obelisco.