17 de mayo de 2018
17.05.2018

O Concello adxudica a redacción do proxecto para rematar a urbanización do ofimático

Os traballos do resto da zona residencial sen obras, que demandan os promotores, terán que licitarse logo dos tres meses para a redacción do plan e da súa exposición

17.05.2018 | 18:50
Zona urbanizada e con vivendas no parque ofimático.

O longo proceso polo que está a pasar o parque ofimático desde a súa concepción hai case tres décadas entra agora, cando tres das catro cooperativas de propietarios están a piques de obter a súas licenzas de ocupación, nunha nova fase administrativa: a urbanización do resto do polígono. O Concello vén de adxudicar o contrato de redacción do proxecto das obras desa urbanización que falta por poñer en marcha na parte residencial do ofimático, xunto aos edificios xa construídos ou aínda sen rematar.

Este novo paso viría en teoría a dar garantías para os seus plans urbanísticos aos promotores do sector agrupados na asociación Ofimático 2010, quen desde finais do ano pasado e pola falta de obras no resto do polígono, poñen en dúbida a legalidade das licenzas de ocupación que o Concello concedería aos cooperativistas dentro de dous meses.

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, remitiu onte senllas misivas aos promotores, ás cooperativas e ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, cos que tivo unha xuntanza o pasado venres, onde lles explica o novo trámite polo que deberá pasar o desenvolvemento do ofimático. Os prazos que se abren agora son imprecisos, mais o proxecto da nova urbanización deberase redactar en tres meses e expoñerse publicamente despois, antes de se licitaren as obras cos debidos informes sectoriais.

"Este proxecto servirá para que todas as parcelas da zona residencial do ofimático poidan acadar a condición de soar. Nesa zona aínda hai terreos nos que se teñen que acometer actuacións relacionadas cos servizos neste ámbito, como as zonas verdes e o mobiliario urbano", asegura Varela.

O voceiro de Ofimático 2010, Juan José Yáñez, prefire analizar a carta na que se dá conta do resto dos traballos para facer unha valoración do proceder do Concello e comprobar se a totalidade da zona onde os promotores teñen intereses vai ser urbanizada.

A Xunta agarda aínda polo permiso urbanístico do Concello para levantar 40 pisos de protección no ofimático e o Goberno local anunciou o ano pasado que faría unha modificación no planeamento urbanístico para excluír do sector as vivendas de San Vicente de Elviña na marxe dereita da avenida Alfonso Molina.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine