Correlingua 2024 congrega un milleiro de alumnos de colexios da Coruña e comarca

Baixo o lema Dende aquí até acolá, galego xa!, os escolares percorreron o paseo marítimo ata chegar á Torre de de Hércules

Escolares percorreron o paseo marítimo no Correlingua 2024

Iago López

A explanada do Palacio dos Deportes da Coruña foi o punto de partida dunha nova edición do Correlingua na que participou, este venres 10 de maio, máis dun milleiro de alumnos de 17 centros da comarca coruñesa. O obxectivo desta iniciativa é promover o uso da lingua galega no ensino.

Baixo o lema Dende aquí até acolá, galego xa!, os escolares percorreron o paseo marítimo ata chegar á Torre de de Hércules. Xunto a estatua de Breogán, un escenario con actuacións musicais, como a dos gañadores do concurso escolar Cantalingua. Ademais entregouse un premio á mellor pancarta realizada para a marcha.