"Sería incomprensible que o crime de Jimmy se pechase en falso"

Enrique Calvete, secretario e conselleiro responsable da área económica do Deportivo, espera que se produza de inmediato unha resposta xudicial ante o acontecido

02.11.2015 | 12:26
"Sería incomprensible que o crime de Jimmy se pechase en falso"

-Nos últimos tempos semella que o consello de administración mudou a súa opinión con respecto ao asasinato de Jimmy en Madrid.

-O consello de administración non mudou en nada a súa posición. Desde o principio a posición foi a mesma. Remítome ao comunicado que emitimos en decembro esixindo ás autoridades a detención e o xulgamento dos responsábeis do asasinato de Jimmy. O que cambiou foi a análise das causas e circunstancias dos feitos ante a unánime desinformación inicial e a rapidez con que desde todos os ámbitos se criminalizou aos Riazor Blues. Todos nos precipitamos e valoramos cousas partindo de información errada, cando non interesada. Hoxe vese todo doutro xeito e agardo que en sede xudicial se demostre o que xa se aponta desde moitos medios, que os nosos seareiros foron obxecto dunha agresión con ese resultado tan lamentable que xa coñecemeos.

-Tal como están as cousas na actualidade, non parece que vaia haber alguén imputado por ese asasinato. Aquí só os hai por rifa tumultuaria.

-Sigo confiando en que se faga xustiza para Jimmy e que os seus asasinos acaben no cárcere, que é onde deben estar desde hai tempo. Comparto a grave preocupación da familia e os amigos e de todo o deportivismo polas últimas informacións que están saíndo. Sería incomprensible que nun estado de dereito un crime así fose pechado en falso. Non se entenden as garantías procesais tan extremas para quen apalea e tira o río a outras persoas, mentres as sancións gubernativas son só para os seareiros do Deportivo, pois todo aponta a que foron vítimas dun ataque premeditado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine