A pé de rúa

Remate 'valleinclanesco'

22.11.2015 | 02:04
Remate 'valleinclanesco'

Para un deportivista non pode haber mellor peche de partido que o de onte, xa co a serea a piques de pitar Jonny puxo o colofón dun xeito valleinclanesco, como dixo un amigo meu. Ledicia chea porque con ese tanto xa non había que sufrir máis, non quedaba tempo e os tres puntos estaban certos en Riazor. Persoalmente tamén teño que dicir que me dá magoa que un futbolista de tanta calidade e tan bo, dos mellores que hai na Primeira División, fose protagonista deste erro. O fútbol é así e pena a quen menos o mereza. Pero dentro do que foi o encontro, onte o penalizado foi o conxunto que mereceu o castigo, o Celta. Agás o penalti, nada fixo por gañar. O Deportivo, moito e mereceu máis. Pero isto non se trata de méritos, como tantas veces dixen, senón de traballo e acerto. Disto último tivo moito o cadro coruñés, xa que foi moi superior en todos os aspectos do xogo os celestes. Houbo colocación; houbo anticipación; houbo axudas; houbo, en definitiva, asfixia ao fútbol visitante; houbo superioridade branquiazul. Iso foi o que decidiu o encontro. De todos os xeitos, tamén hai que dicir que antes de que comezase o xogo lin moitas cousas encol do once de Víctor, e non boas. E agora? Seica o resultado é todo? As veces parece que si. Conste que eu non faría o que fixo Víctor, por iso el é o adestrador do Deportivo e eu non. Faría algunha cousa, como pór a Álex. Ademais, acertaría porque tremendo partidazo fixo o da Sagrada. Tremendo. Compromiso e saber xogar, iso foi o que fixo un dos futbolistas que mellor le o fútbol neste Deportivo. Xoga pouco, pero cando o fai é para nota. Con xente así por detrás, podemos estar moi quedos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
[an error occurred while processing this directive] [an error occurred while processing this directive]

Buscador de deportes

Fútbol

  • LaLiga Santander
  • LaLiga 1|2|3
  • 2ª división B
  • 3ª división
Enlaces recomendados: Premios Cine