A pé de rúa

Os de Borbalán non foron erros

04.01.2016 | 00:23
Os de Borbalán non foron erros

Rematar un partido como o de onte e perante un adversario como o Villarreal sen sumar é para cabrearse e moito. Cabreo porque non fuches quen de puntuar se o rival fai mellor as cousas -de feito é mellor-; cabreo porque non acertaches en facetas do xogo e non fuches quen de rematalo; cabreo por moitas cousas, pero cando perdes porque alguén decide que perdas é para cabrearse e moito máis. Así saín eu, e creo que nun fun eu só. Xa me daba a min que algo ía facer este Borbalán. Era un partido intenso, sen faltas, un xogo dos que se chaman traballado -polos adestradores e xogadores- e de súpeto xorden os cartóns. É xusto o de Luis Alberto, pero o de Arribas? Despois, para compensar amósallo tamén a Bruno. Iso indicou que ía acontecer. Mentres non pasou nada o árbitro nada tiña que facer, cando houbo a mínima cousa decidiu amosar que el era a autoridade. Quero pensar que non aturaba que as luces se centrasen nos protagonistas, os futbolistas, e so tiña unha forma de conseguilo, sacar a pistola o berro de "el campo es mío!!!", ou algo así. Exemplos do que fixo Borbalán: penalti de Areola a Arribas e pita córner, cando é Arribas o que golpea a pelota; falta de Lucas na área amarela, cando é a el a quen agarran; agarrou Bakambu a Cardoso nunha contra, o Deportivo perde o balón e manda seguir, e Borbalán estaba a medio metro; Mario corta un avance de Cardoso e a pelota sae pola banda, dálle o balón ao Villarreal; na seguinte xogada pita o penalti. Case asubiou antes de que Navarro aparece por alí. Non foron erros os de Borbalán. Iso é algo comprensíbel, pero o de onte non foron erros. Canto máis o vexo máis me manteño.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes

Información patrocinada
Enlaces recomendados: Premios Cine