O barco de En Marea navega por augas cada vez máis revoltas. Tras unha complicada semana para a dirección do espazo da confluencia pola vía de agua que abríu a ausencia dos tres alcaldes do cambio (A Coruña, Santiago e Ferrol) no plenario para preparar as eleccións municipais, a treboada que desatou o conflicto da deputada Paula Quinteiro -inscrita de Podemos, da corrente Anticapitalista- tras un altercado coa Policía de Santiago agravou a crise interna co desplante do sector crítico a noite do vernes, en pleno debate do consello das mareas sobre o futuro da parlamentaria. Nesa entrevista, realizada a véspera desa reunión, o voceiro de En Marea recoñecía que "é normal que xurdan momentos de tensión" pero tamén apelaba a escoitar o "toque de atención" de Beiras, quen cuestionou que se queira loitar contra a casta, cando hai casta dentro. Luís Villares concorda co histórico dirixente nacionalista en que se deben "rectificar comportamentos" para "evitar" que En Marea "se convirta nun espazo clásico".

Escasas horas despois da convulsa reunión do máximo órgano de dirección de En Marea, no que Quinteiro rechazou presentar a súa dimisión, preguntado pola situación da formación e os pasos que se prevén dar para evitar que a crise interna acabe en fractura do partido e do grupo parlamentario, Villares declinou facer declaración algunha ata a reunión de mañá luns do grupo parlamentario.

-Unha semana complicada, pero a anterior tampouco o foi menos. Que lectura fai da ausencia no plenario dos alcaldes do cambio, impulsores de En Marea?

-Non nego que me gustase que tiveran asistido porque eles, como persoas con experiencia de xestión no cambio político que queremos levar a todo o país, terían moito que aportar. Con todo, se había algún tipo de reserva de como encaraba En Marea o proceso das municipais e a relación coas mareas, xa quedou disipado. Existe un respecto escrupuloso á autonomía municipal, tanto a capacidade plena de autoorganización, como a confección de listas e programas. Eses temores puideron xustificar algunhas ausencias, pero ese recoñecemento pleno da autonomía política das mareas fixo que moita xente venza esas reticencias.

-Que sensación ten case dous anos despois de ser aupado como candidato ás autonómicas nun proxecto cada vez máis dividido e con máis frontes abertos?

-A nivel personal estou moi contento de dar o paso. Traballo día a día para non defraudar. O proxecto político de En Marea ten futuro porque hai moita xente que necesita crer nunha esperanza de cambio, alternativa ao PP. En Marea deu coa fórmula para esa esperanza de cambio. Fomos capaces desde a diversidade de poñernos dacordo nas cousas que de verdade interesan á xente. Eso está moi por riba da suma das distintas partes que ata agora compuñan En Marea. Nacemos nun momento de convulsión social e de indignación. Pero non bastaba con estar indignados, había que construír unha alternativa. Houbo moita xente que se sorprendeu porque esperaba de nós indignación pero non construír alternativa. A xente ten moitas esperanzas postas en nós e non podemos defraudalos.

-Fala de traballar para non defraudar. Vendo o acontecido séntese defraudado no seu partido e en como se artella esa alternativa?

-Cando se traballa para os demais un non se pode sentir defraudado. A sociedade non se resigna a un goberno do PP, á corrupción, a un goberno para as minorías, a un país minguante, a que lle calen a boca... É un orgullo participar nun espazo político que non se resigna e que serve de altofalante institucional e acompañante social desas reivindicacións.

-En Marea presume de non ser unha forza tradicional senón un espazo coral. Pero desde que se constituíu a dirección non deixaron de xurdir voces críticas.

-En Marea trata de construír uns espazos de traballo coherentes co que deciamos que queriamos ser. Á hora de construír espazos de coordinación de esforzos, como pode ser a coordinadora, no consello das mareas sempre buscamos integración aínda que recoñezo que temos que facer un esforzo adicional para integrar a todo o mundo e que ninguén se sinta ao marxe.

-Cal é o xerme das discrepancias: ideolóxicas, loita de poder?

-Non existen grandes diferencias ideolóxico-políticas. Os matices ás veces non son importantes, pero noutras ocasións amosan máis relevancia. Cando non hai grandes discrepancias, son os matices os que nos poden facer non encontrarnos plenamente. Eso sucede en todos os espazos políticos. Non é o desexable. Por eso a nosa intención é ter sempre as portas abertas, sobre todo as orellas ben abertas, para escoitar a todo o mundo e que todos se sintan incluídos. Nós fixemos da diversidade, bandeira; e a xente premiou eso: a unidade na diversidade.

-En Marea naceu para acabar coa "casta" política, pero Beiras a pasada fin de semana deixou unha mensaxe: "non se pode loitar contra a casta se a hai dentro".

-Beiras describía comportamentos máis que persoas. Os comportamentos son rectiflicables. Debe quedar nun sinal de advertencia. Beiras foi o grande teórico do espazo de confluencia e, polo tanto, todos debemos escoitalo con atención. É normal que durante a evolución do proceso de unidade xurdan momentos de tensión, incertidume, non saber cara onde camiñar? As advertencias van máis na liña de non convertirse nun espazo clásico.

-Esta advertencia sobre a falta de unidade e de disciplina, a quen ía dirixida?

-El mesmo aclarou que non se refería aos alcaldes. Tampouco concretou a ninguén como destinatario desa advertencia. O importante é a mensaxe de fondo: o primeiro é a xente, os principios e traballar pola unidade. Queda aínda un camiño moi longo para que poidamos conseguir todo aquelo polo que nos unimos. A unidade popular ten moito futuro porque lamentablemente está todo por facer.

-Coa vista posta nas municipais, cre que a xestión das mareas e de En Marea pasaralles factura ou sairán reforzadas?

-O goberno nas cidades do cambio é exemplar. Sérvenos de buque insignia para presumir das políticas que queremos facer. En 2015 acusábasenos de non saber xestionar; moito na rúa pero nada nas institucións. Demostramos que con moi pouco facemos moito. Non só confiamos en revalidar as Alcaldías do cambio, senón en seguir avanzando e merecer a confianza noutras localidades e vilas. A fórmula do éxito está en traballar polos demais e esquecernos de nós mesmos.

-Bote a vista atrás, embarcaríase hoxe de novo no proxecto?

-Unha e mil veces. Teño a sorte de participar nun proxecto ilusionante e alternativo. Estamos na metade do partido. E o que hai que facer é xogar ben. Esfórzome cada día para merecer a confianza dos meus e de todos.