Fran Rei, veciño de Santa Cruz de 33 anos e licenciado en Filoloxía Galega, foi refrendado onte por unanimidade en asamblea aberta cidadá coma candidato á Alcaldía de Oleiros polo BNG de cara ás próximas eleccións municipais de maio. A asamblea aberta celebrada onte tamén acordou por unanimidade os nomes da lista electoral ata o cuarto posto: Andrés Hernández Mouriño, coma número dous; Lucía López de Castro Ruiz, no terceiro; e Iria Taibo Corsanegro no cuarto.

Fran Rei, que traballa como técnico de museo e xestor de actividades culturais, é o responsable local da formación dende hai uns anos, ademais de ser membro do Consello Comarcal. Integrante da Plataforma Santa Cruz Aberta, participou activamente no movemento estudantil nacionalista e colabora activamente no asociacionismo cultural, vecinal, ecoloxista e na defensa da lingua. Foi varios anos vicepresidente da mesa pola Normalización Lingüística.