OLEIROS

Oleiros reparte abecedarios en galego entre os nenos que deixan as escolas infantís

Os libros inclúen ilustracións, un proxecto didáctico e un vídeo musical

04.07.2015 | 00:52

O Concello de Oleiros está a repartir un abecedario ilustrado en galego entre os nenos que rematan este ano o seu paso polas escolas infantís públicas do municipio. Os alumnos das escolas A Pardela, As Galeras, A Canteira e A Braña que o próximo curso empezarán nos colexios de Infantil e Primaria recibiron onte esta publicación dirixida a que se inicien nas letras e nas súas primeiras palabras en galego.O abecedario está ilustrado por Óscar Vilán.

Estes libros tamén se trasladarán ás aulas de Ensino de Infantil dos colexios e ás bibliotecas municipais para que toda a poboación teña acceso a eles.

A publicación ven acompañada dun proxecto didáctico con propostas de actividades e un vídeo musical de Maxín Blanco co que se pretende que os nenos aprendan o abecedario galego cantando e bailando.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


esquelasfunerarias.es
Enlaces recomendados: Premios Cine