-Por que Arteixo aínda non ten plan xeral e segue coas Normas Subsidiarias?

-As Normas Subsidiarias son un plan xeral reducido en tramitación e en información. Arteixo está sen el porque sempre houbo unha pequena confusión do que debe dar un plan xeral. Nunca se tratou dende o enfoque correcto. O plan xeral a nivel de ordenación está feito a un nivel moi alto, pero falla no detalle. As zonas urbanas están perfectamente delimitadas. Fallouse nos núcleos rurais. Foi a parte que menos traballaron. Agora fixemos unha cartografía. Fixemoso voo e poñelo sobre cartografía. Detectamos corenta mil errores. Había demasiadas imprecisións.

-O alcalde prometeu ter listo o plan xeral na anterior lexislatura. Entón non se aprobou por factores externos como o cambio da lei e a cartografía?

-Cando chegamos pensabamos que había atraso nas licenzas e era mentira. Era o total caos. Durante tres anos foi sacar cousas do armario. A nivel de actividade era un desastre. Chegou un momento no que só recibía xente que perdía subvencións por non ter licenzas.

-Como se vai facer o cambio de usos das parcelas no polígono de Sabón?

-Estanse facendo unhas modificacións puntuais porque o Concello recibe dous beneficios moi grandes: o solo para implantar a praza de abastos e outra, o viveiro de empresas. A modificación puntual que todo o mundo chama a da Schweppes é para conseguir o viveiro de empresas, porque no caso contrario non accederíamos. E a outra é para dous supermercados. Paréceme ben, pero teño a obrigación de poñer unha praza de abastos. Meteuse o solo da praza de máis de 1.000 metros cadrados. Arteixo poderá disponer en breve dunha.

-Cando estará lista a praza de abastos?

-Esta modificación estará feita antes dun ano. A partir de aí teríamos o solo e falaríamos co comercio para ver como se xestiona iso. Nós queremos o viveiro de empresas diante de Zara para que se nos vexa. Na outra modificación, queremos que sexa detrás de Muebles Gundín e Tifón. Hai posibilidades de que veñan Mercadona e Lidl. Queremos dar esa centralidade a praza na zona comercial. Esa implantación está pensada por iso, que esté nunha zona comercial.

-O cambio dos usos estenderase a todo o polígono?

-Estenderase a totalidade do polígono. Que ocorre? Hai que estudiar zona por zona. Hai lugares como a beira do río no que non se poden poñer industrias contaminantes. Xa teño Ferroatlántica e Fenosa. Na avenide Finisterre non podes deixar implantar industria pesada. Vamos ser o máis homoxéneos posibles, pero vanse estudar certas parcelas. De todos modos vamos restrinxilo. No polígono non vai haber discotecas e lugares de ocio nocturno. Irían en contra da filosofía do polígono. Tampouco queremos grandes áreas comerciais. Si que queremos supermercados, un BricoKing? Un Marineda, non.

-O plan xeral estará rematado neste mandato?

-É unha obrigación que nos impuxemos. Está claro que no 2016 temos que ter unha aprobación inicial e unhas alegacións contestadas. O documento está moi elaborado.

-Arnaiz e Tinsa entregaron en maio de 2011, co bipartito no Goberno, o documento previo á aprobación inicial. Por que o Concello despois non o tramitou coa Xunta xa estando o PP?

-Ese documento non se tramitou porque se quixera esconder, non. É o típico documento que entra na semana antes das eleccións. Seguramente pedido polo Goberno anterior para dicir que tiña un plan. Estaba completo e tiña todas as partes que tiña que ter. Pero era un documento sen traballar políticamente.

-O PP non o entregou á Xunta por non estar ben traballado?

-Non se continuou coa tramitación polo cambio de lei e falta de tempo. Era un documento que había que empezar de cero porque estaba sen soporte cartográfico. Estaba feito sobre Catastro.