Augas de Galicia abriu un expediente sancionador contra o clube ecuestre Os Parrulos pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte o anuncio de incoación do expediente tras intentar sen éxito notificar a apertura do proceso sancionador aos propietarios do clube.

A Xunta informa agora a través dun anuncio no BOP aos interesados da incoación do expediente e o prego de cargos, que dispoñen dun prazo de quince días para presentar alegacións e probas que considere oportunas contra o acordo autonómico.