Representantes de grupos galegos que retiran o lixo das praias estarán presentes este xoves día 21 no castelo de Santa Cruz dentro dun Encontro Galego Arredor do Lixo Mariño e das Crebas. Dous destes colectivos, Mar de Fábula e RetoqueRetro, xunto co Centro de Divulgación Ambiental do castelo (Ceida), son os organizadores desta xornada que se desenrolará de 18.00 a 20.00 horas.

O acto, un intercambio de experiencias e debate sobre a loita contra a contaminación no mar, complementa a exposición Cos Pés na Area que se expón no Ceida, auténticas obras de arte feitas con restos de basura e naufraxios.