A situación de As Eiras, en Meicende, preocupa moito a Eva Vázquez, que vive alí desde moitos anos e é vicepresidenta da Asociación de Veciños Meicende Alternativo. Esta residente asegura que na zona véndese droga. "Chamamos varios veciños á Policía Local. Están pinchándose todos os días", afirma. Para Vázquez, o peor é que non pode facer nada porque se se enfronta aos drogadictos "non sabes como reaccionarán".

A vicepresidenta da Asociación de Veciños Meicende Alternativo ten claro que As Eiras é como Penamoa. "Os de Penamoa están en Meicende. Estamos surtidos; isto é como un supermercado as 24 horas", asegura. Tamén explica que As Eiras sofre a venda de drogas "de sempre" e que "o sabe todo o mundo". A droga non é o único problema de As Eiras, segundo esta veciña. As casas están abandonadas e cheas de lixo. "Se hai un incendio vamos todos con el", denuncia.