Integrantes do BNG de Oleiros (coma o portavoz municipal Fran Rei e o militante Manuel Ferreiro) e veciños amosaron onte a súa satisfacción por ver feita realidade unha das súas históricas demandas, a construcción dunha glorieta no cruce de A Chasqueira en Nós, cun acto moi expresivo: un brinde na mesma intersección, xusto no punto onde irá a glorieta que construirá a Deputación.

Con sidra do país, os nacionalistas lembraron que alomenos dende 2009 o partido sempre incluiu nas enmendas aos orzamentos da Xunta a execución dunha rotonda neste cruce entre a avenida Salvador de Madariaga (AC-221) e Espoz y Mina (DP-170), un punto "moi conflictivo" e perigoso, que ten rexistrado moitos accidentes de tráfico. A Deputación licitou a redacción do proxecto da obra ainda que a outra vía é autonómica. Esta zona ten bastante densidade de circulación ao ser un cruce con moitas direccións, dende Pravio en Cambre ata Mabegondo, Iñás e Nós.