A Asociación Animalista Libera puxo unha nota dun suspenso aos concellos de Culleredo, Oleiros e Abegondo por "non tomar en serio a necesidade de establecer políticas preventivas frente aos casos de abandono e maltrato animal". Lembrou que o Consorcio As Mariñas recolle centos de animais que deixan á súa sorte a xente nos municipios que o integran.

Libera constrasta o trato nestos tres concellos coas medidas que tomaron A Coruña e Sada, xunto coas campañas puntuais que fan outros concellos como Bergondo e "máis recentemente Arteixo cunha campaña para lembrar dereitos e obrigas cívicas".O colectivo lembra que os concellos deben actualizar os seus marcos normativos nos próximos meses coa futura entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal de Galicia, actualmente en trámite parlamentario, que obrigará aos municipios a crear novas ordenanzas ou reformar as que teñen.

A entidade cre que tanto Oleiros como Culleredo debían empezar este camiño canto antes, coa axuda do voluntariado e as asociacións protectoras, incluindo ademais zonas de esparcementos e creando programas de xestión ética de colonias felinas. Lembra que Culleredo aínda permite circos con animais.