"Agora estanse dando moitos roubos cando a xente vai a misa ou ao cemiterio. Non queren entrar co móbil por se soa dentro ou non lles fai falla o bolso e déixano no asento do copiloto ou na guantera do coche. É mellor gardalo todo no maleteiro que é máis difícil de abrir que romper o cristal do portelo", Este foi un dos moitos consellos que deu onte o garda civil Carlos Álvarez, encargado de impartir o ciclo de charlas informativas do Plan Maior en Oleiros. Onte a aula tivo lugar no centro cívico de Santa Cruz ante medio cento de persoas.

Estas sesións informativas teñen como obxetivo dar pautas de conducta aos maiores, consellos para previr roubos, timos e estafas, entre un colectivo ao que se lle quere prestar especial atención. "Un día veu o revisor do gas, atendeuno meu pai e cobrou 6.000 euros por cambiarlle un manguito. E deulle factura e todo", contou unha das asistentes en referencia a unha das estafas máis comentadas, a do falso revisor do gas.

Hai pouco que Oleiros sufriu unha importante morea de roubos en vivendas que fixo que todos os días se visen coches de comerciais de alarmas polo municipio. Este garda civil aconsellou poñer alarma "se un o pode permitir", ademais de portas de seguridade para evitar roubos polo método do resbalón, se a porta non ten a chave pasada (ábrense cunha radiografía ou un plástico).Tamén é bo poñer "miras panorámicas e pechaduras antibumping, ou se é unha casa, ter cans gardiáns. "Un caixón de persiana por dentro obriga ao ladrón a cortala, perde tempo e iso non lle interesa porque ten máis posibilidades de que o vexa alguén, queren sair rápido", dixo Álvarez, quen lembrou que hai pouco roubaron nunca casa en Oleiros e en corenta minutos levaron 600.000 euros en xoias e 300.000 euros en efectivo.

Cun ton didáctico e ameno o axente Carlos Álvarez apuntou consellos básicos aos maiores, como camiñar pola acera co bolso do lado contrario ao da calzada ou levalo cruzado no peito. No caso dos homes, non levar a carteira no peto de atrás. "Os ladróns teñen todo o tempo, esperan e vixían, así que o que hai que facer é poñérllelo difícil", destacou. "En Galicia é moi habitual a persoa maior que, por exem-plo, cada día 4 do mes, cobra a pensión e vai puntualmente a retirala toda. É unha rutina fácil de ver e se tes un despiste lévanche toda a pensión", advertiu. Este garda ensinou un vídeo para que os maiores visen como unha rapaza non se enteraba cando un lle roubaba o móbil do bolso polo método da muleta, cunha chaqueta tapándolle o brazo para que non se vexa o que fai a man. "Nunca deixen as chaves da casa agochadas no buzón, en macetas ou contadores da luz", recalcou o axente, recordando que un día saltou unha alarma e ao avisar ao dono que vivía en Madrid, díxolles que podían entrar tras ver que estaba a chave na pechadura.

"E hai que ter tino coas redes sociais: non poñer "recén chegados a Peñíscola, que semaniña nos espera", que xa saben todos que non hai ninguén na casa", dixo Álvarez.