Entre o 26 e o 28 deste mes un total de 35 establecementos de hostelería de Sada participarán na VIII Festa da Xiba que organiza o Concello. Cada local pode presentar unha tapa feita con este producto ao concurso, tapa que se deberá ofrecer ao cliente gratis, coa consumición. Os premios son trofeos e vales de 10 a 100 euros.

O Concello distribuirá a xiba "equitativamente" entre os locais aínda que estes deberán ir recollela á nave de xeo do porto días antes. Haberá un premio do público no que o cliente votará a súa tapa favorita. Ademais, poderán selar un boleto nun mínimo de tres locais, co que despois entrarán nun sorteo. Haberá premio dun xurado profesional e tamén votación en redes sociais.