A costa noroeste galega vese perfectamente recortada contra o mar a pesar das nubes dende a pequena cámara instalada na sonda espacial Marumasat que lanzaron a 33. 612 metros de altura os estudiantes dos institutos Miraflores de Oleiros e os de Ordes e Vila de Cruces o pasado martes.

A cámara gravou ata que o globo que a axudou a ascender estoupou cando superou os 33.000 metros, momento no que tamén empezaron a desprenderse pezas da sonda, que finalmente caeu en Lalín, onde foi recuperada e agora están a analizarse os datos que recolleu: grosor da capa de ozono, temperatura, presión atmosférica...

Estes alumnos da Axencia Espacial Escolar Galega, a NOSA, incluso levaron unha miñoca e sementes ademais de cuspe ao espacio, facendo así unha investigación científica sen parangón, ao igual que a súa iniciativa. Un luxo de rapaces e profesores para Galiza.