A lingua é unha herdanza máis que deixan os pais aos fillos, empregala é honrar aos antepasados e a hai a obriga de transmitila para que non se perda ese vínculo. Éste é un dos obxetivos da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua de Galiza cando puxo en marcha o programa Apego, do que forman parte xa trinta concellos galegos, Sada entre eles. O Concello sadense presentou onte este programa ás familias para animalas a apuntarse. Está dirixido a familias que se prepararn para a chegada dun novo membro e tambén para as que teñen nenos de ata seis anos.

O Concello de Sada comenzará por entregarlle ás familias que se apunten un agasallo, dependendo da idade dos nenos. Para os bebés nados neste ano 2017 haberá unha caixa de benvida que incluirá unha mantiña, un álbum, un libro informativo sobre a transmisión lingüística e a crianza e unha cinta para medir a altura do pequeno según vai medrando. Para o resto das familias haberá un disco de música infantil en galego de diferentes grupos e estilos.

A presentación deste programa fíxose na capela de San Roque xunto con algunas familias xa apuntadas ao plan, que acudiron cos seus bebés, polo que xa se aproveitou para entregar as primeiras caixas de benvida.

Sumarse ao programa Apego implica tamén desenrolar actividades que fomenten o uso do galego para asentar o arraigo da lingua nos primeiros anos da nenez.

A primeira actividade de Sada terá lugar xa mañá domingo a partir do mediodía na carpa detrás do edificio de A Terraza. Dirixida a nenos a partir de 4 anos acompañados dun adulto, aprenderánse xogos dos avós, bailes tradicionais e coreografías e cancións máis modernas, en galego.

Tamén se montará unha pequena orquestra cos nenos que asistan ao taller, despois de repartir instrumentos entre eles coma axóuxeres, pandeiretas ou claves". Con eles cantará Pablo Díaz e Olga Kirk.

"A transmisión do idioma de nais e pais a fillos e fillas é chave para o futuro de calquera lingua", suliñou o alcalde, Benito Portela, nesta presentación, na que tamén estivo a técnica de Normalización Lingüística do Concello sadense.