" Os que negan ás mulleres/ intelixencia e talento,/ a millor contestaceon/ cicais que fose o disprecio", escribía Filomena Dato hai máis dun século, en 1885. Só Rosalía de Castro lle adiantou. Filomena Dato foi a segunda escritora en publicar un libro integramente en galego, ademais de ser pioneira na loita feminista e académica correspondente dende a fundación da Real Academia Galega, en 1906. A súa labor punteira e a súa obra se reivindicaron onte nunha homenaxe organizada polo Concello de Bergondo xunto ao cemiterio de Moruxo, onde xacen os restos da autora e que, segundo publicou Antón Vilar Ponte, adquiriu outra dimensión ao acoller os restos da Poetisa das Mariñas, de cuio falecemento se cumpren hoxe 92 anos.

A homenaxe combinou representacións de varios textos da autora, como Morriña, Neve o Anduriña Viaxeira, a cargo de alumnos do CPI Cruz do Sar; con discursos da actriz Ana Hermida e a escritora bergondesa Dorés Tembrás, que reivindicaron a obra de Dato; e os pronunciados polo presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez. No acto descubriuse unha escultura na honra da poetisa. Preto do monolito realizado en baixorrelieve colocouse un retrato da escritora cedido para a ocasión por dúas sobriñas bisnetas.

"Dende hoxe faremos máis nosa a Filomena e estamos comprometidos para divulgar a vida e a obra dunha muller que xa no século XIX loitou coa súa pluma polas mulleres e os seus dereitos", afirmou a alcaldesa, quen tamén se comprometeu a bautizar a corto prazo o espazo no que se celebrou o acto como Plaza Filomena Dato. Pola súa banda, o presidente da RAG loubou a figura da Poetisa das Mariñas como "unha muller que segue o legado rosaliano" e que co seu libro Follatos (1891) "contribuiu a esa bandeira que ergue a lingua, a cultura e a dignidade galega". Freixanes lembrou, ademais, que "unha lingua son os seus falantes, a xente que a ama, que a usa, que a herdou dos seus avós e por iso ver hoxe a estes mozos interpretando os textos de Filomena é realmente emocionante". A homenaxe contou tamén con música, que correu a cargo do gaiteiro Francisco José Otero López, quen interpretou o himno galego. y, tras acordar en pleno declarar el 24 de febrero como 'Día de Rosalía' en Bergondo se aprovechó el acto para homenajear a la autora santiaguesa leyendo e interpretando alguno de sus textos más conocidos.

No acto, que estivo conducido polo párroco Rubén Aramburu, lembrouse tambén a Rosalía, na primeira das homenaxes que se lle reindrá á autora de Cantares gallegos cada ano en Bergondo, en cumprimento do acordo plenario para converter cada 24 de febreiro no Día de Rosalía. Este ano, pola premura dada a recente aprobación, xuntouse a homenaxe ca de Dato.

Todos os asistentes á homenaxe levaron para a casa gratuitamente a reedición realizada pola Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Bergondo e a RAG, do libro que Filomena escribiu íntegramente en galego, Follatos. A obra obra muy representativa de la naturaleza de la autora, llena de referencias en defensa de la figura de la mujer.