O sinistro sucedeu uns minutos antes das 11.30 horas na N-VIN á altura do Hotel As Mariñas, na parroquia de Cortiñán, segundo datos facilitados pola Guardia Civil de Tráfico e do 112.

O servizo de emerxencias 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Guardia Civil de Tráfico e Protección Civil de Bergondo, que enviou un efectivo.

O 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial e ao médico de garda de Bergondo, que unicamente puido certificar o falecemento da peatona, identificada como C.S.G., de 77 anos, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.