Así, comezará ás 23.00 horas coa actuación do grupo de pop Lavorda e da orquestra Suavecito. Media hora máis tarde, será a quenda de La Década Prodixiosa, Manu Tenorio e Manolo Escobar, as interpretacións da cal se prolongarán ata ben entrada a madrugada.

As festas patronais de Ordes rematan todos os anos cunha grande gala musical, organizada polo Concello, en colaboración coa Deputación da Coruña e empresas do municipio. O ano pasado os encargados da clausura foron David Civera e Marlene Mourreau.