"Collo a bici porque teño que levar moitos vultos do traballo á casa e así vou menos cargada. Levo a primeira semana con ela, é moi perigoso, A Coruña non é unha cidade para as bicis. Porque non se sabe se ir pola beirarrúa, non se sabe se ir pola estrada, hai un montón de sitios aos que non se pode acceder. É difícil conxugar o tráfico rodado cun carril para bicicletas".