Os alumnos do CIFP Paseo das Pontes presentaránse por terceiro ano consecutivo a Lanzadeiras Coruña e, de novo, cunha empresa adicada á elaboración e venda de produtos de panadaría e repostaría. Despois de Dircomida e Gastroescola, o nome da miniempresa cambiou a Paseo&Brunch. Pero non é a única novidade. Este curso non existe subcontratación da produción e a empresa só se adica á venda de produtos de panadaría e repostaría , e non fai servizo de restaurante. Pero neste caso a venda é todos os días da semana no recreo e non só os venres como en anos anteriores. No proxecto participan alumnos do módulo de grao medio de cociña e gastronomía: os de 1º ciclo encárganse da produción e os do 2º dirixen a miniempresa, Os de 2º FP Básica de Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel están subcontratados para a confeccidón da mantelería; ao igual que os de 2º FP Básica de Aloxamento e lavandería, que se ocupan da limpeza. A promoción da empresa nas redes sociais faise vía Instagram, onde se suben fotos coas súas elaboracións e os eventos. Tamén hai carteis nos taboleiros do centro e packaging co logo da empresa e merchandising.