09 de mayo de 2020
09.05.2020
La Opinión de A Coruña
Xabi Barral, bar de Tapas Barbería

Coronavirus en A Coruña | "Non vemos o de instalar mampara, haberá un mostrador na mesma porta"

09.05.2020 | 02:06
Coronavirus en A Coruña | "Non vemos o de instalar mampara, haberá un mostrador na mesma porta"

Primeiro as comidas, despois as cenas. O mércores poderanse recoller os pedidos e ao luns seguinte, se é posible, ser enviados a domicilio. Con esta planificación traballan Xabi Barral e Salvador Lago, os socios propietarios de Barbería, na rúa Orzán, que o día 13, dous despois da entrada nunha nova fase de desescalada e adaptación á normalidade, volverá a abrir as súas portas. "Non vemos o de instalar unha mampara. Na entrada haberá unha especie de mostrador para que os clientes recollan os pedidos na mesma porta, todos encargados por chamada telefónica previa. Ninguén poderá entrar, só estaremos traballando dúas personas na cociña e na atención ao público", explica Barral.

Os empregados sumaranse máis tarde ao traballo na Barbería, que limitará o seu horario ao servizo de restauración e abrirá máis adiante como local de ocio nocturno, como disfrutan moitos dos seus clientes desde que o negocio abrira hai seis anos e medio. "Para as comidas, na primeira semana desta fase, estaremos abertos de unha a catro da tarde de mércores a domingo. Na segunda semana empezaremos coas cenas, entre as oito e media e as once e media ou doce na noite", informa. Engade Barral que está a xestionar o servizo de venda a domicilio a través dunha empresa de reparto, que podería comenzar a funcionar desde o 20 de maio.

Nos primeiros pasos desta etapa Barral e Lago cociñarán unha carta máis ou menos semellante á habitual no seu local, que variarán co paso das semanas. De forma continua limparán as distintas partes do establecemento, especialmente a barra e os lugares de maior contacto con público. "Haberá xeles e uso de guantes e mascarillas pola nosa parte. E o pago terá que ser todo con tarxeta", conta. Barral admite que prefire ser cauto e non anticiparse con outras medidas as próximas condicións oficiais que se difundan sobre a actividade de hostelería.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
esquelasfunerarias.es