Francisco Jorquera, voceiro do grupo municipal do BNG
"Queremos que o plan de choque se poida estar executando en breve, o BNG vai ser moi esixente niso"

"Queremos que o plan de choque se poida estar executando en breve, o BNG vai ser moi esixente niso" / víctor echave
Francisco Jorquera valora o proceso de elaboración e negociación do plan de choque "positivamente, con matices". Na parte a reivindicar están as frecuentes reunións entre os grupos, que todos puxeron "propostas sobre a mesa e manifestaron plena disposición a dialogalas", cun nivel de coincidencia "moi elevado". Os matices veñen de que ao grupo do BNG lle tería gustado que o plan se aprobase "con máis axilidade", se ven sinala que as medidas que implican unha modificación orzamentaria levan o seu tempo, e no xeito de negociación, posto que "toda a documentación do acordo fose entregado a última hora e practicamente sen tempo para a súa revisión".
O reto agora, sinala Jorquera, é poñer en práctica as medidas: "Esperamos que se poida estar executando en breve, o BNG vai ser moi esixente, niso. Unha cousa é orzamentar, outra xestionar e executar". Tamén lembra que o Concello está actuando en ámbitos que exceden das súas competencias, "suplindo á Xunta", á que reclama que poña en marcha medidas contra a crise do Covid.
Sobre as partidas que se retiraron dos orzamentos para financiar as novas inversións, Jorquera defende que nunha situación coma a actual as forzas políticas "non poñan o acento no anecdótico, non facer causa de aspectos secundarios". Se ven "hai algunhas baixas que non nos gustan", "recoñecemos que re asignar fondos ou amplialos con novos programas ten a súa complexidade e hai actuación que non son tan urxentes e hai que reprogramar para vindeiros exercicios orzamentarios". Si que ten unha queixa contra o Goberno local por non ter recortado máis en propaganda, e critica a campaña publicitaria que, sinala, está facendo o Concello porque "non informa con rigor" e presenta un plan de contratación que inclúe actuacións previstas antes do Covid. "Estas actuación si son merecentes de crítica, as partidas a autobombo si se poderían reducir". Non pon, porén, obxeccións ás cifras invertidas. "Se a dotación inicial se constatase insuficiente porque por desgracia a dimensión social desta crise é maior, poñeriamos sobre a mesa a necesidade dun novo modificativo" sinala Jorquera, que ve razoable pedir un crédito se as necesidades aumentan.
Tamén valora "en liñas xerais, positivamente" as axudas a autónomos e pymes para pagar a Seguridad Social ou os alugueiro. "O concello non pode conceder subvencións directas. Hai que buscar outros mecanismos para axudalos a remontar esta crise, que, sendo moi grave, non afecta a todos por igual", destaca Jorquera, que chama a apostar tras a pandemia polo comercio de proximidade ante un modelo "falido" de grandes centros comerciais, e, tamén, a consolidar o incremento de persoal nos servizos sociais municipais.
Sobre a crise política con Marea, sinala que comparte "algunhas das súas críticas", pero que o seu partido decidiu combinar a labor de oposición con "propostas e unha actitude aberta para chegar a acordos". A súa postura, cre, responde a "unha estratexia de presión para forzar un goberno de coalición", que non comparte.
- Nuevo rescate de una persona en el paseo marítimo de A Coruña
- Piqué y el Andorra celebran su ascenso a LaLiga Hypermotion en A Coruña
- Gerard Piqué, de comida en el restaurante Pablo Gallego de A Coruña para celebrar el ascenso del Andorra
- Una mujer resulta herida tras caer a las vías ferroviarias en Casablanca, en A Coruña
- Usuarios de tren de A Coruña reaccionan al fin del abono gratuito: «Me planteo volver a coger el coche»
- San Juan A Coruña 2025: Cuenta atrás para las hogueras
- Esta pulpería en el corazón de A Coruña tiene más de 50 años y conserva la esencia de las casas de comida gallegas
- Ingeniería Informática, la joya que tira de la Universidade da Coruña