A mostra Unha Galicia Mellor. 40 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia 1981-2021, impulsada pola Xunta, chega á Coruña para dar a coñecer a transformación da sociedade galega ao longo dos últimos 40 anos desde a aprobación do texto estatutario que marcou un punto de inflexión na historia da comunidade autónoma. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, destacou na inauguración da mostra, que estará exposta na Autoridade Portuaria ata o vindeiro 13 de setembro, o especial protagonismo da Coruña, xa que foi esta provincia a que aglutinou o maior número de votos a favor do Estatuto.