Xabier Díaz e Adufeiras da Salitre chegan este martes ás Noites de María Pita
As festas de María Pita na Coruñachegan este martes ao seu ecuador coa actuación de Xabier Díaz e Adufeiras da Salitre nas Noites de María Pita. O coruñés é "un dos artistas de música tradicional galega de maior prestixio na actualidade", según suliña o Concello na presentación deste recital, no que o artista subirá ó escenario cunha formación na que participan dez cantoras e percusionistas.
¿Qué hacer hoy en A Coruña? Agenda del lunes 14 de agosto
Xabier Díaz conta cunha dilatada carreira ás súas costas. Antes de comezar o seu proxecto individual e con Adufeiras da Salitre, formou parte de agrupacións como Xacarandaina, Rumbadeira, Nova Galega de Danza ou Berrogüeto. Ao longo dos anos, realizou moitas colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros. Ademais, emprendeu numerosas viaxes para levar a súa música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia ou Irlanda.
Scaloni prende unas fiestas que suman a Mika, Amaia y Umberto Tozzi
Con Adufeiras da Salitre, no ano 2015 editou The tambourine man, o seu primeiro traballo conxunto, co que gañou diferentes premios. No 2018 editaron Noró, algunhas músicas do Norte e no 2020 chegou o terceiro e máis recente disco desta formación conxunta: As Catedrais silenciadas.
Xabier Díaz adéntrase no seu particular bosque animado co sinxelo ‘María e a Curuxa’
A música de raíz e da tradición entra, con Xabier Díaz e Adufeiras da Salitre, como un dos eixes da programación das Festas de María Pita, suliña o Concello, que lembra que este ano ampliouse a programación da Romaría de Santa Margarida, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de agosto.
Os XXII Premios Opinión da Música de Raíz recoñecen a traxectoria de Leilía e o fenómeno Tanxugueiras
Ademais, este pasado domingo rematou o Festival Internacional de Folclore Cidade da Coruña, superando as cen agrupacións nos seus 36 anos de historia.
Temas
Más en A Coruña
-
Los mariscadores de O Burgo vuelven a cortar el tráfico para reclamar la continuidad de las ayudas
-
¿Qué hacer hoy en A Coruña? Agenda del miércoles 15 de mayo
-
El tiempo en A Coruña: La costa coruñesa está en alerta amarilla este miércoles
-
El Concello apoya recalificar parcelas en Xuxán para nuevas viviendas protegidas