Xabier Díaz e Adufeiras da Salitre chegan este martes ás Noites de María Pita

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre / Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

RAC

As festas de María Pita na Coruña chegan este martes ao seu ecuador coa actuación de Xabier Díaz e Adufeiras da Salitre nas Noites de María Pita. O coruñés é "un dos artistas de música tradicional galega de maior prestixio na actualidade", según suliña o Concello na presentación deste recital, no que o artista subirá ó escenario cunha formación na que participan dez cantoras e percusionistas.

Xabier Díaz conta cunha dilatada carreira ás súas costas. Antes de comezar o seu proxecto individual e con Adufeiras da Salitre, formou parte de agrupacións como Xacarandaina, Rumbadeira, Nova Galega de Danza ou Berrogüeto. Ao longo dos anos, realizou moitas colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros. Ademais, emprendeu numerosas viaxes para levar a súa música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia ou Irlanda.

Con Adufeiras da Salitre, no ano 2015 editou The tambourine man, o seu primeiro traballo conxunto, co que gañou diferentes premios. No 2018 editaron Noró, algunhas músicas do Norte e no 2020 chegou o terceiro e máis recente disco desta formación conxunta: As Catedrais silenciadas.

A música de raíz e da tradición entra, con Xabier Díaz e Adufeiras da Salitre, como un dos eixes da programación das Festas de María Pita, suliña o Concello, que lembra que este ano ampliouse a programación da Romaría de Santa Margarida, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de agosto.

Ademais, este pasado domingo rematou o Festival Internacional de Folclore Cidade da Coruña, superando as cen agrupacións nos seus 36 anos de historia.