Tardaron pouco algúns en vaticinar o futuro inmediato do Deportivo. Como se houbese que agardar a que rematase o partido do Bernabe?u para facelo. Partidos como o de onte xeran ilusión entre os afeccionados, unha ilusión que se mantén ata o mesmo día do xogo. Cando comeza a xogarse a ilusión vaise esvaendo, ai?nda que onte durou maís, o se acrecentou, non sei, despois de que marcase Riki. Eu o que pensei é que ese gol ia anoxar un pouco aos brancos, pero tamén que un bo susto podía dar para algo, malia que ficaba moito tempo por diante. Gañar no Bernabeu sempre foi difícil para o Deportivo, moito máis a estas alturas coa diferenza de plantel que existe. Con todo, o marcador de onte penso que foi un chisco esaxerado. As causas? Para min porque este é un equipo sen mala... un equipo que non rasca, que deixa xogar con demasiada comodidade ao adversario, especialmente na zona central. E cando enfronte tes a tipos como os que xogan no Madrid pasa o que pasa. Ademais, que marcaron dous goles de penalti. Non os vou discutir. Agora si teño que dicir que no da man de Evaldo o cartón amarelo sobra. Entendo que non deben ser cousas dos árbitros, que deben ter ordes de máis arriba, pero cando non hai intención nin se debería pitar. Lembro o ano pasado que expulsaron a Zé por darlle a pelota no brazo nunha contra do rival e foi expulsado por ser o último defensa. O Comité quitoulle os castigo. É excesivo, para min. Como foi, insisto a goleada, que chegou como produto da pegada dos dianteiros madridistas e da fraxilidade dos defensores blanquiazuis. De todos xeitos, perder este partido non debe ter importancia.