Cando buscamos algunha frase máxica imos a Google, que é onde está todo, ou tiramos da memoria. Eu lembro que Arsenio sempre dicía cando non quería dicir nada que o fútbol é así. Ou tamén lembro outra frase a que se recorre tantas veces de Vujadin Boskov que dicía iso de fútbol é fútbol e gol é gol. Non tento parafrasear, pero si trasladar o que aconteceu onte. Sin saber que pasou, non estaba sobre o céspede, vin a un futbolista listo e a un futbolista parvo. O listo é Marchena; o parvo, Aspas. Ademáis neste que é de perto de Cangas habería que pólo en letras grandes. Deixar ao teu equipo cun menos nun partido coma o de onte ten delito. Houbo un choque. E algo máis. Iso so o saben eles. O que sabemos todos é que o celtista foi expulsado. Abel, o adestrador que deixou tirado ao seu segundo cando asinou polo Celta „as coiteladas parecen continuas„, alporizouse. Cando vexa as imaxes terá máis motivos para facelo, pero co seu futbolista. Son detalles que marcan os partidos.Son detalles de dignidade. Por aquí haina, ainda que vaiamos de bos. Son detalles deses que falan os adestradores que deciden para onde van caer os tres puntos. Foron tres diante do teu rival. Esta vitoria non significa que a temporada estea salvada, pero ten unha lectura positiva, que era o que eu reclamaba estes días: orgullo. Un pode perder, pero pode seguir de pé. Onte o Deportivo saiu de pé do partido. Segue vivo na Liga, con pouco osíxeno, pero vivo. Parafraseando, lembro o que dicía hai uns anos don Rodrigo cando o gol de Djalminha: "Quéixanse de que so tiramos unha vez e marcamos un gol. Se chegamos tirar máis?. Iso.