14 de febrero de 2019
14.02.2019
"Qué duda cabe!"

E chámase xuíz?

14.02.2019 | 01:13
E chámase xuíz?

Nestes tempos hai unha palabra completamente deturpada, non polo que é e significa; é polo uso que fan dela os que teñen o compromiso de aplicala: Xustiza. Un termo que tería que estar sempre con xis grande, de feito todas as letras terían que estar en grande, pero nestes tempos dá o mesmo como se escreba porque o valor é nulo. Cunha busca en calquera dicionario a definición é a mesma: "Principio moral que leva a actuar e xulgar con respecto a verdade e dando a cada quen o que lle corresponde". Isto é o que aconteceu con Nahuel? Como en xornadas anteriores acontecerá con Quique González, por pór dous exemplos. Podo entender que o árbitro do partido de Granada, Pizarro Gómez, puidese entender que o deportivista agredise a Víctor Díaz. Xa fago un esforzo porque sancionar a alguén por algo que non viches e pos outra cousa xa é complicado. Entendendo isto do mesmo colexiado que na primeira xornada inventara o penalti de David Simón en Albacete e expulsara a Krohn-Dehli, que xa é moito dicir, o que non podo é aceptar que o xuíz supremo do fútbol, o que dita as sancións non sexa quen de corrixir un erro. Ou non queira, que é peor. Este paisano, o de Competición, mesmo os de Apelación, mete a acta nun programa e segundo o que estea escrito sae o castigo? Porque non le -se sabe- e non olla os vídeos? Ou é que dá moito traballo? Sexa como for, outra vez o Deportivo sae prexudicado pola decisión dun árbitro e pola sentenza dun xuíz que ten que estar moi lonxe de calquera lugar no que poida tomar unha decisión. Amosa cada semana que non está capacitado. Eu prefiro afirmar isto, e pensalo, porque se resulta que está capacitado e resolve o que resolve hai outra palabra para definilo. Para min de sempre estes comités teñen un labor complicado; pero no que vexo neste curso o do paisano de competición é para estudalo e analizalo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Buscador de deportes