Habería que estar ledo porque dous goles de vantaxe semellan unha boa renda para ir a Mallorca, máis a estas alturas da temporada cando as forzas escasean, a uns e a outros. Quizais por iso a ledicia non sexa completa, porque o Deportivo tivo 45 a un rival en inferioridade e semella que nesa segunda parte xogouse ao que quixo o Mallorca. Cun só gol en contra e cun home menos non tiñan que ter presa, e aí penso que o Deportivo deixou fuxir a oportunidade de forzar un pouco máis. Certo é que había que controlar atrás para manter a porta a cero, pero algo máis habería que facer, creo eu, cando diante tes un equipo medio morto, en inferioridade e sen folgos para facer moito máis do que fixo en ataque. Iso que comezou mandando, foi mellor o Mallorca no comezo do xogo, ata que os branquiazuis colleron o mando, malia que sen excesiva profundidade, como amosa o feito de que Reina non tivese excesivo traballo „pouco más que Dani Giménez diría eu„. Ata que chegou a desgraza en forma de choque brutal entre Álex e Pedraza. Desde ese momento os deportivistas mandaron, xogaron sempre no campo dun adversario que facía dabondo con gardar a pelota cada vez que a tiña no seu poder. Claro que co segundo tanto o encontro mudou, a diferenza xa é considerábel, e o Mallorca quixo, pero non podía. E esa é a mágoa que eu teño, de forzalos un chisco máis. Ah! Para min o de Pedraza non é cartón vermello, é un accidente „a reación dio todo„; porén si que tiña que estar expulsado Sastre, por unha patada a Quique cando estaba no chan, ou por derrubar a Saúl sen balón.