Correr só non serve máis que para que o adversario faga contigo o que lle apeteza, un pode correr canto queira, pero é unha perda de tempo se non se fai coa cabeza. Vexo correr moito a Koné, quizais de máis para o caso que lle fan os compañeiros, e tamén corre para apretar aos adversarios con sancións inxustas por parte dos árbitros, pero semella que xa está afeito. Xa que o Deportivo ten diante a un tipo que corre con verticalidade, por que non o aproveita con balóns máis axeitados na vez de pegarlle para diante e que el pelexe con toda a defensa? Non lle vexo eu moito xeito a isto de que corra, consiga o balón, de costas á portería, e despois non teña a quen darllo porque os compañeiros están moi lonxe e mal situados. O da situación é evidente cando se olla que en calquera contra o adversario chega case sempre en superioridade. Outro síntoma moi malo. Porque cando toca repregarse o equipo branquiazul o fai sen ritmo, de xeito que os defensores máis rezagados atopan case sempre a un número superior de futbolistas do equipo contrario. E mesmo na área, onde onte os rayistas foron quen de gañar todos os balóns tanto no ataque como na defensa. Intensidade, anticipación serían os termos máis axeitados. Correr algúns corren, e semella que moito, pero o fan moi mal. Será que non hai un estilo? Hoxe o equipo terá xa os reforzos que precisa, pero polo ollado ata agora non é só asunto de nomes, que o é, senón de saber o que facer. A actitude-intensidade é algo individual, pero o saber como empregalo ten que proceder xa dun estilo determinado.