Patrón!! É un termo moi escoitado nesta terra e con diferentes acepcións. Lembro que cando era eu cativo „e xa hai„ o meu padriño era o patrón, así o chamaba a miña madriña que, por certo, tiña de nome Libertad. Despois o patrón era neses tempos o que mandaba nas embarcacións que cada noite ían o mar. Xa me decataba eu que ser patrón era algo interesante, era alguén que mandaba e era repectado. Pero tamén nesa época ía coa niña nai á costureira para que me fixese un pantalaón e falaban dun patrón, e eu non vía ninguén. Tardei en descubrir que iso do que falaban era un cacho de papel, varios cachos para seren exactos, con formas diversas de pantalóns para cativos. Patrón é o que manda, iso sen dúbidas; mais, que pinta un papel patrón? Pois ese cacho de papel tamén manda, porque é o que indica como se ten que facer ese pantalón. E ese cacho de papel é o que falta no Deportivo „xa non vou decir a persoa que impón o seu criterio„, unha simple referencia ou algo que marque como hai que facer certas cousas. Non hai quen mande, non hai quen marque un estilo, non hai quen rompa, non hai quen faga case nada, só o que se olla desde que comezou a temporada, que haxa algo a balón parado para que Aketxe tire da súa zurda. Moi pouco. Serve de exemplo o de onte cando con tres goles, dous de avantaxe, non eres quen de asegurar o partido e na casa. O patrón pode ser un modelo, un exemplo no campo, ou un exemplo que estea fóra.